lunes, 19 de febrero de 2018

A vía romana XIX por Cervantes e Becerreá

A vía XIX entra na provincia de Lugo por O Comeal. Nese punto iniciamos o noso percorrido de aproximandamente 30 quilómetros ata o Cereixal, moi preto do IES de Becerreá.
Pensando en facer percorridos a pé, xantar e visitar con calma os lugares de interese, propoñemos tres etapas:
1) O Comeal-O Fabal (14 quilómetros)
2) O Fabal-Pontes de Gatín (10 quilómetros)
3) Pontes de Gatín-O Cereixal (9 quilómetros)
Pontes de Gatín
A ruta transcorre polo concello de Cervantes ata a mítica ponte Naviae, a nosa Pontes de Gatín, xa no concello de Becerreá, aínda que nos límites con Cervantes. Este tramo discorre principalmente en suave descenso polos vales de Rionaval, Pontorrón e Cancelada de Arriba. Os principais puntos de interese son as igrexas de Vilapún e Vilasante e o Castro de Penatallada. Pero todo o percorrido é unha delicia, entre bosques, prados, camiños, corredoiras e aldeas.
Dende pontes de Gatín, a calzada remonta o Navia para alcanzar o Cruzul e logo o regato de Aira Ponte, xa moi preto de Ouselle, unha poboación con moitos séculos de historia onde convén deterse na igrexa románica. Neste tramo atopáronse restos dunha vilae romana así como un importante baixo relevo que acollemos como mascota deste proxecto.
Percorrido virtual da calzada romana

domingo, 4 de febrero de 2018

Os alumnos de 1º de BAC deseñan un arco romano

Levan todo o mes co mono posto. Os alumnos de 1º de BAC están traballando nas materias de Debuxo Técnico, Matemáticas e Física na construcíon dun arco romano en tamaño reducido  empregando a mesma técnica que hai dous mil os arquitectos romanos empregaron na construción da ponte Naviae, no lugar que hoxe se corresponde coa ponte de Gatín.

Os alumn@s de 1º BAC na aula  na de debuxo

Os romanos non utilizaba ningún tipo de pegamento ou mortero para soster as pedras, senón que o arco sostíase por si memo.
Conseguirán os alumn@s de 1º de BAC que o seu arco se sosteña só?
Aquí están levando ó papel o resultado dos seus cálculos. MOITA SORTE, OU MELLOR.... MOITA CIENCIA.
Isaac afina o trazado das líenas ante a mirada atenta d@s compañeir@s


Compás, escadra, cartabón: contaban os romanos coa a súa axuda?

Borrador de guión documental

Os peores pasos son os primeiros. Este guión pretende ser un fío conector para articular os traballos que xa se están a realizar nas distintas áreas.
En Xeografía e Historia e Relixión imos traballar conxuntamente neste boceto de guión cos alumnos de segundo curso de ESO. A idea é ir ampliando, modificando, adaptando o guión a partir do traballo que imos realizando cos alumnos.
PREME AQUÍ para ver o guión e engade os teus comentarios.