lunes, 11 de diciembre de 2017

O Comeal, un paso natural a Galicia


A vía romana XIX foi creada en época de Augusto (século I d.c.) e unía as cidades de Asturica, Lucus e Bracara (todas Augustas), que posteriormente serían as capitais dos tres conventus da Gallaecia.

Unha das principais fontes históricas para estudar o trazado é o Itinerario de Antonino, supostamente redactado no século III. Nel aparecen descritas as principais calzadas romanas de Hispania (en Gallaecia a XVIII, a XIX e a XX) coas súas mansións, que eran puntos de descanso.

O trazado da vía XIX á súa entrada en Galicia, polos concellos dos Ancares, non está claro. Na descrición de Antonino existe un espazo en branco entre os puntos de Uttaris (no Bierzo) e Ponte Neviae, cuxas localizacións non están confirmadas.

Itinerario da vía XIX tomado do traballo de Sáez de Taboada


Seguindo a interpretación de Blázquez (recollida por Benito Sáez de Taboada en Aportaciones al trazado de la vía romana 19 a su paso por Galicia, o grupo de traballo do IES de Becerreá propoñemos o itinerario que entra en Galicia dende Veiga de Valcarce (Uttaris) polo Portelo hacia Pontorrón, o Fabal, Pontes de Gatín (Pons Neviae) e Ouselle.

Xeográficamente é a entrada máis natural a Galicia dende o Bierzo:  un argumento de peso: os desniveis positivos ou negativos son máis suaves que por outras alternativas. Ó longo deste itinerario hai castros e villae que delatan a presenza romana.