diagrama das forzas que actúan sobre o arco |
Estas son as forzas que se exercen sobre as pedras dunha ponte:
1. A pedra máis importante é a A que se sitúa no cumio, chamada clave. Sobre a pedra A existe a
forza do peso que actúa cara abaixo, e tamén existen dúas forzas normais exercidas pola superficie das pedras B e B´ sobre a pedra A.
A pedra non ten mobilidade xa que a suma da forza do peso e a forza normal é igual a 0.
2. Na pedra B tamén hai dúas forza normais que son a forza que exerce A sobre B e a
forza B sobre A. Ademais existe unha forza que exerce a pedra C sobre a B . A resultante destas forzas é a eliminación do par de forzas A-B (no eixo i ) e C-B, e queda a forza A-B (no eixo x).
3. Na pedra C pasa algo semellante, pero as forzas que se exercen sobre a pedra C son: a forza B sobre C; esta descomponse nos eixos de coordeadas, e ademais temos a forza C sobre B, porque ao existir unha forza da pedra B sobre a C tamén ten que existir a C sobre a B para que a pedra se manteña no seu sitio e non caia. A resultante é a anulación do par de forzas B-C (no eixo i) e C-B, polo que a resultante é a forza B-C (no eixo x).
4. Na pedra D existe unha forza da pedra C sobre a D que se actúa hacia abaixo. O mesmo pasa coas pedras que están en fronte B´, C´ e D´.
A resultante de todas estas forzas son as forzas de contracción que a pedra aguanta ben e fan que se suxeite a ponte. No caso en que haxa forzas de tensión o arco derrubaríase, xa que non podería a pedra aguantar o peso.
Os alumnos filman a demostración para o documental |
Alumnos de primeiro explicando o proceso de elaboración do arco |