lunes, 19 de febrero de 2018

A vía romana XIX por Cervantes e Becerreá

A vía XIX entra na provincia de Lugo por O Comeal. Nese punto iniciamos o noso percorrido de aproximandamente 30 quilómetros ata o Cereixal, moi preto do IES de Becerreá.
Pensando en facer percorridos a pé, xantar e visitar con calma os lugares de interese, propoñemos tres etapas:
1) O Comeal-O Fabal (14 quilómetros)
2) O Fabal-Pontes de Gatín (10 quilómetros)
3) Pontes de Gatín-O Cereixal (9 quilómetros)
Pontes de Gatín
A ruta transcorre polo concello de Cervantes ata a mítica ponte Naviae, a nosa Pontes de Gatín, xa no concello de Becerreá, aínda que nos límites con Cervantes. Este tramo discorre principalmente en suave descenso polos vales de Rionaval, Pontorrón e Cancelada de Arriba. Os principais puntos de interese son as igrexas de Vilapún e Vilasante e o Castro de Penatallada. Pero todo o percorrido é unha delicia, entre bosques, prados, camiños, corredoiras e aldeas.
Dende pontes de Gatín, a calzada remonta o Navia para alcanzar o Cruzul e logo o regato de Aira Ponte, xa moi preto de Ouselle, unha poboación con moitos séculos de historia onde convén deterse na igrexa románica. Neste tramo atopáronse restos dunha vilae romana así como un importante baixo relevo que acollemos como mascota deste proxecto.
Percorrido virtual da calzada romana

No hay comentarios:

Publicar un comentario