@s alumn@s de 3º de ESO elaboraron unha fantástica reproducción do baixo relevo de Vilarín, utilizando una especie de argamasa de elaboración propia. Despois de secar e aplicarlle un acabado cálido, o material imita perfectamente ao granito. Ademais o relevo en sí é dunha extraordinaria factura, unha réplica do baixo relevo romano que podedes visitar no noso centro.
Réplica do baixo relevo de Vilarín realizada na aula de Plástica (3º ESO) |
A técnica utilizada foi xustamente a contraria á técnica de baixo relevo que usaban os romanos, pero o resutado final é o mesmo: a creación do volume que forma o relevo dos tres bóvidos.
Utilizamos as súas propias palabras para explicar as dúas técnicas:
Baixo relevo romano:
Os romanos sustraían materira: esculpían o granito, eliminando a materia que non forma parte do relevo.
Relevo de 3ºESO:
Os alumn@s de Plástica engadiron materia (argamasa) sobre unha superficie plana para crear o volume que forma parte do relevo.
Eles mesmo refieren o: COMO O FIXEMOS:
Fase 1: Elaboramos a argamasa para conseguir o material que imite ao granito.
![]() |
Mezclamos area de praia, auga e cola branca |
Fase 2: Creamos unha superficie plana coa argamasa
Fase 3: Debuxamos silueta dos bóvidos sobre a superficie plana
Fase 4: Aplicamos a argamasa a partir do debuxo, creando pouco a pouco o relevo sobre o plano
Fase 5: Sobre a masa seca, aplicáronlle un barniz cálido imitando a textura do granito, e deixamos secar
No hay comentarios:
Publicar un comentario